IX Xornada Estatal de Psicoloxía Contra a Violencia de Xénero. 2017

ABRINDO O FOCO: A VIOLENCIA DE XÉNERO, UN PROBLEMA CON ROSTROS


COMUNICACIÓNS


BASES PARA A PRESENTACIÓN DAS COMUNICACIÓNS LIBRES

Presentación de comunicacións libres

Os traballos poderán presentarse en calquera dos idiomas oficiais das Xornadas (galego e castelán) ata o 10 de xuño de 2017. Deberase indicar se se desexa optar a premio.
A modalidade de presentación será a de comunicación escrita (póster): O póster terá unha dimensión máxima de 90 x 120 cm (formato vertical). Os /As autores/as poderán achegar o día das Xornadas copias impresas en formato A4 para a súa distribución.
Os pósteres serán expostos en formato dixital no espazo de celebración das Xornadas.
Entregarase un certificado de presentación de comunicación escrita con tantas copias como autores/as figuren nel.

 

Temática

Aceptaranse traballos centrados nalgún tópico relacionado coa psicoloxía aplicada no contexto da violencia de xénero. Poderán tratarse de investigacións orixinais, estudos de caso, deseño ou validación de instrumentos de avaliación, proxectos de intervención psicolóxica, exposición de modelos teóricos ou traballos de revisión.

 

Normas de presentación

Os resumos remitiranse mediante o formulario de envío e terán unha extensión de entre 250 e 300 palabras, debendo facer constar ata un máximo de cinco palabras-chave. Deberá incluír información relativa á introdución, obxectivos, método, resultados e discusión/conclusións. Non se poderán inserir táboas nin figuras no resumo. Para presentar un traballo é requisito imprescindible que cando menos un dos autores ou autoras estea inscrito/a nas Xornadas. Se un traballo non é aceptado, poderase solicitar a devolución do 100% das taxas de inscrición.
Ningún autor nin autora poderá figurar en máis de 3 traballos.

 

Premios

Poderase optar a premio; o comité organizador seleccionará o mellor traballo en función da súa calidade, orixinalidade e riqueza expositiva e dará a coñecer o traballo gañador no transcurso das Xornadas. Establécese un premio de 250 euros e a organización das Xornadas estenderá un diploma acreditativo. O premio poderá declararse deserto.

COMUNICACIONS COMPLETAS: FINALIZADO O PLAZO

 

 
 

Resumo das comunicacións escritas presentadas

A continuación podes descargar os resumos das comunicacións escritas que foron presentadas no marco das IX Xornadas Estatais de Psicoloxía contra a Violencia de Xénero.” Abrindo o foco: a violencia de xénero un problema con rostros”. Os traballos en formato dixital estarán exposto durante o transcurso da actividade.

DESCARGAR RESUMOS